CRE-ER/AR
Exposición CRE-ER/AR. A ARTE E A RELIXION ATRAVES DOS SECULOS
DÚAS AMIGAS
Dúas amigas: a arte e maila fe. Unha é hiperactiva, fachendosa e algo pícara. A outra, paciente, humilde e amorosamente fiel. Son distintas e complementarias á vez. Ambas son fermosas a rabear. ¿A cal delas invitar a cear, descartando á outra? Imposible.
Crentes ou non crentes, sempre procuramos a Beleza. Pero, ¿que rostro ten? ¿Onde vive? ¿Cal é o seu número de teléfono? Os artistas queren responder a eso. En certo modo, os crentes tamén. Moitas veces, os mellores científicos do Espírito, non usan microscopio, senón pincel e moita, moita paixón.
As portas dunha Igrexia van estar sempre abertas para quen sinte a forza grandiosa da creación, saíndo de dentro. Ven sendo algo que nos fai irmáns.
PARTICIPANTES:
Sabela Baña_Sol Guerra_Alfredo Consteala_Iglesias Diz_Patiño_Maria Braxe_Lupe García (LUGAFE)_Estrela Rúa_Vazquez Aleman_R. Seoane_Noemi Iglesias
Coordinación: Xulio Villaverde e Manuel Blanco
TEXTO: Manuel Blanco
INAUUGURACIÓN: Venres 27 de marzo de 2009 ás 20 h.
LUGAR: Igrexa da Barciela – Sigüeiro - Santiago de Compostela
DATAS: 27 de marzo ao 14 de abril de 2009
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
Sem comentários:
Enviar um comentário