ART.NATURA EN FENE - GALIZA

CASA DA CULTURA DE FENE - EXPOSICION ART. NATURA



PARTICIPANTES NA EXPOSICIÓN DE ART.NATURA

TEXTOS: Marilar Aleixandre, Glouco Antonio Amigo Galán, Rosa Aneiros, Zurzo Borrazás, Darío Xoán Cabana, Fernando Cabeza Quiles, Francisco Castro, Olalla Cociña, Marta Dacosta, Lois Diuéguez, Xoán Carlos Domínguez Alberte , Rosa Enríquez, Alfredo Ferreiro, Lobato, Yolanda López López, Xulio López Valcárcel, Ramón Loureiro, Xosé Miranda, Teresa Moure, Xesús Pereiras, Enrique Rabuñal, Daniel Salgado, Xavier Seoane, Xosé Vázquez Pintor, Miro Villar, Helena Villar Janeiro VÍDEOS: Antón Atrio, Ovideo Fernández, Carmen Fernández González, Francisco Lema Fuentes, Iria Lema Garabatos, Francisco Salvador Santiago López, Sandra Tandin IMAXES: María Agra Bermejo, Nandi Alonso, Xosefina Álvarez Pol, Matilde Allones, Montse Amigo, Almudena Aparicio, Berta Ares, Joaquin Balsa, Sabela Baña, Raquel Blanco, Xesús Blas Lourés, Manuel Bonabal Barreiro, María Braxe, José Luis Busto Cousillas, Mª Fernanda Candal y Tapia, Ana Carballo, O Carrabouxo, Xosé Antón Carballo, Castro Martínez, Caxigueiro, Carmen Cierto, Margarita Cimadevila, Carmen Chacón, Alfredo Constela, Ladislao da Regueira, Luz Darriba, Xavier de Sousa, Carlos del Valle, Inma Doval Porto, Manuel Facal, Máx Fe,Gabriela Fole, Tita Fraga, Cristina Garabana, Mar García, Alberto García Araiza, Joaquin García Gesto, Manuel García Nieto, Beatriz García Trillo, Ana Gesto, Purificación Gómez Galiñanes, Carlos Antón González, Aurora González Pombo, Manuel Graña Vazquez, Anne Heyvaert, Rosa Ider, Antón Iglesias, Luis Iglesias Diz, Angeles Jorreto, Cristina Lasuén, Leandro, Mauro Leivas, Mon Lendoiro, Jorge Llorca, Zurzo Lobato, Juan Lomarti, Ignacio López, Lud López Domínguez, Xosé Luis Louzao, Macae, Xaquín Marín, Pepa Mariño, Xosë Marra, Ana Martinez Gómez, Xacobe Meléndez Fassbender Arou, Miguel Méndez Barreiro, Pedro Millan Pérez, Conchita Montenegro, Xan Murás, Rafael Nadales López, Beatriz Nuñez Martínez, Dolores Oviedo, Luís Pachon, José Paz, Luisa Paz Montenegro, Ricardo Pérez Rilo, Ánxeles Pillado, Ana Pillado Vega, Rosa R. Seoane, Baldo Ramos, María Sagrario Rilo, Antonio Rivas Pol, Secundino Rivera, Mª Xesús Rodríguez Díaz, Carlos Rodríguez Silvar, Estrela Rúa, M. Celsa Sánchez Vazquez, Peter Schneider, Teresa Díaz (Serina), Carmen Sevillano Estremera, Antón Sobral, Francisco Souto, Nolo Suárez, Jesús Pereira (Suly), Mingos Teixeira, Wolfgang Trettnak, Juan Valcárcel, Manuel Valcárcel, Don Valeiras, Alberto Varela Ferreiro, Marta Villoslada, Oscar Corral e Deli Sanchez.

COMISARIOS: Xulio Villaverde e Xosé Salvadores
COORDINACIÓN ADEGA: Silvia Amor, Francisco Bañobre e Martiño Fiz
DO 21 DE FEBREIRO AO 24 DE MARZO DO 2008

2 comentários:

Anónimo disse...

ART-NATURA, é unha exposición que acolle a mais de cen artistas galegos, cada un con unha obra e que ten como leiv- motiv a Naturaleza.

ADEGA, asociación ecologista galega, non fixo mais que convocar aos creadores e a resposta foi importantísima. O que quere decir que o sector da creación na Galiza, está moi sensibilizado co tema do medio ambiente.

Cada artista aporta a súa visión sobre o tema tratado. Uns toman a Naturaleza como escusa para a sua creación. Outros fan denuncia. Uns dramatizan. Outros fan poesía. E todos empregan técnicas e linguaxes distintas. A abstracción xeométrica, o informalismo, a figuración, o expresionismo, a fotografía, a escultura, o gravado, o debuxo… A color as veces, coma un coitelo ferinte, outras a xeito de sedante lírico. Pero o conxunto da exposición, reflite a idea que dixo o poeta da poesía : é unha arma cargada de futuro.

De eso se trata. Que a arte cumpla con unha das suas razóns de ser, cal é, que o espectador síntase motivado ou ben por medio da emoción que lle produce a beleza dunha obra ou que se sinta conmovido pola obra en sí mesma. Pero ambos que cheguen a reflexionar sobre o que o home está a facer co medio ambiente. E así a arte cumple co seu papel dentro da sociedade. A arte posta a disposición da causa mais humana, que é a preocupación polo medio que sustenta ao propio home.

Da importancia da arte como medio para concienciar a sociedade déronse conta as vanguardias americanas dos sesenta do século XX, cando comenzaron a facer Land-art. Pero como moita da arte americana, este tipo de arte quedábase mais no espectáculo que na denuncia. Foron artistas europeos, os que utilizarian a arte, mesmo como arte politica, na defensa do medio ambiente, xa que chegaron como Joseph Beuys a dar o paso de conformar un partido político e militar nel co ouxetivo de defender a Naturaleza.

A exposición que se amostra na Casa da Cultura de Fene, até o día 14 de marzo, compre visitala, por que non soio representa un fito dentro da arte galega, pola cantidade de creadores que nela están, senón e sobre todo pola sua calidade reflectida en cada un dos artistas que nela participan.

Xesús Andrés López Piñeiro
Pontedeume,06-03-2008.

Anónimo disse...

A protecção do meio ambiente é vital! O futuro das novas gerações e a nossa, passam por aí. Fazemos parte da Natureza, e esta está a ser muito mal tratada.
Nas cidades, é urgente que não circulem automóveis. Tem de haver uma cultura saudável, de se aderir a andar mais a pé ou de bicicleta.
Os artistas plásticos a nível global, podem dar um valioso contributo, alertando as populações para estes temas.